Darabuc

Sopa de nada / Darabuc - 1ª ed. - Pontevedra : OQO Editora , 2010 - 36 p. : il. col. ; 25x23 cm - Colección O .

O autor recupera unha antiga receita, a da Sopa de pedra, un conto popular que como adoita suceder cos relatos de orixe tradicional presenta versións distintas segundo o país.



Darabuc, coñecedor desta rica tradición, inspírase nela pero reelabora os ingredientes e cociña unha Sopa de nada, persoal, moderna e con grandes doses de humor. O resultado é unha fábula coa que os rapaces aprenderán a importancia de compartir e de ser solidarios. E por riba, descubrirán que para superar situacións de necesidade e dificultades, moitas veces abonda cun pouco de enxeño e imaxinación.



Os protagonistas, coma en case todas as fábulas, son animais. Neste caso, María Raposa e Xan Gato, dous pícaros que un bo día chegan ás portas dun palacio pedindo comida. Alí vive o avaro de Xan Rata que non lles quere dar nada, e eles entón ofrécense a prepararlle unha sopa ben prodixiosa, sopa de nada.



1º-2º Primaria 4º-5º-6º Educación Infantil

9788498712247


Solidaridad
Enxenio
Engano
Imaxinación
Animais

82-N

Coa tecnoloxía Koha