Sopa de nada / Darabuc
por Darabuc [autor/a]
; Kheiriyeh, Rashin [ilustrador/a]
; Núñez. Marisa [tradutor/a]
.
Tipo: 






Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP de Coutada-Beade Sala préstamo | 82-CC DAT sop | Dispoñible | PEC093000003575 |
|
|||
Prestable | CEIP de Coutada-Beade Sala préstamo | 82-AN DAR sop | 1 | Dispoñible | PEC093000004467 |
|
O autor recupera unha antiga receita, a da Sopa de pedra, un conto popular que como adoita suceder cos relatos de orixe tradicional presenta versións distintas segundo o país.
Darabuc, coñecedor desta rica tradición, inspírase nela pero reelabora os ingredientes e cociña unha Sopa de nada, persoal, moderna e con grandes doses de humor. O resultado é unha fábula coa que os rapaces aprenderán a importancia de compartir e de ser solidarios. E por riba, descubrirán que para superar situacións de necesidade e dificultades, moitas veces abonda cun pouco de enxeño e imaxinación.
Os protagonistas, coma en case todas as fábulas, son animais. Neste caso, María Raposa e Xan Gato, dous pícaros que un bo día chegan ás portas dun palacio pedindo comida. Alí vive o avaro de Xan Rata que non lles quere dar nada, e eles entón ofrécense a prepararlle unha sopa ben prodixiosa, sopa de nada.
1º-2º Primaria
4º-5º-6º Educación Infantil